Tremor de 4,4 na Palma, o maior desde o inicio da erupción


O Instituto Xeográfico Nacional (IGN) localizou este mércores un terremoto de magnitude 4,4 no municipio de Mazo, ás 15:33 hora canaria e cunha profundidade de 36 quilómetros, converténdose no de maior envergadura dos rexistrados desde o inicio do enxame sísmico que precedeu á erupción do volcán da Palma.

Ao longo do día localizáronse xa máis de 40 terremotos nos municipios de Mazo e Fuencaliente a profundidades que oscilan entre os 8 e os 38 quilómetros. O anterior de maior magnitude, de 4,3, tamén foi localizado en Mazo, a 35 quilómetros de profundidade, fai seis días.

Os indicadores que monitoran os científicos no volcán da Palma, sobre todo as emisións de dióxido de xofre, fan pensar que o final da erupción non se vai a producir nin a curto nin a medio prazo, segundo confirmou a directora do Instituto Xeográfico Nacional (IGN) en Canarias, María José Blanco.