Trenor aposta por protexer e dar a coñecer o esteiro do Anllóns


O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou este sábado en Ponteceso no foro de desenvolvemento rural na contorna do Esteiro do Anllóns. O representante do Goberno autonómico destacou que o río Anllóns e, máis en concreto o seu esteiro, forma un espazo natural dunha gran riqueza, no que sobresaen o seu valor paisaxístico e a súa riqueza ornitolóxica. Neste senso destacou que “o esteiro, como Doñana, ten moitas posibilidades de converterse nun referente turístico de calidade, pero o primeiro que debemos facer é protexelo e dalo a coñecer e foros coma estes contribúen a facelo posible”.