Trenor lembrou en Santa Comba que segue aberto o período de matrícula nas escolas infantís

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou a escola infantil municipal Santa Comba, acompañado pola súa alcaldesa, María Pose, para lembrar que está aberto o prazo para solicitar praza nunha escola infantil da Xunta para o vindeiro curso, o primeiro no que serán 100% gratuítas para todos os nenos; “converténdonos así, na primeira comunidade autónoma cunha educación infantil universal”, precisou. O representante do Goberno galego lembrou que os interesados teñen ata o 8 de abril de 2022.

Trenor subliñou que nun momento en que os galegos teñen que facer fronte a moitas dificultades é unha axuda moi importante que o custe da educación infantil nesta comunidade sexa cero para todos so fillos. Neste senso, recalcou que para poder garantir esta gratuidade a Xunta reserva un investimento de 30 millóns de euros, para beneficiar a máis de 30.000 familias. O representante do Goberno galego resaltou que no caso da comarca de Santiago ofertaranse un total de 3.763 prazas gratuítas para as familias e na comarca de Bergantiños-Costa da Morte ofertaranse outras 1.024 prazas gratuítas para o curso que vén.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha