Trenor mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Coristanco

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o alcalde de Coristanco, Juan Carlos García, mantiveron este martes unha reunión de traballo. No encontro, no que tamén participou e o xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, Indalecio Cabana, abordáronse diversos asuntos en materia de educación e cultura, de interese para ambas as partes. Neste senso, abordaron propostas de mellora nos centros educativos do Concello, con especial incidencia no CPI Alcalde Xosé Pichel e outras actuacións en edificios públicos do municipio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha