Trenor reitera o compromiso da Xunta co Concello de Santa Comba

María José Pose, alcaldesa de Santa Comba.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou nun encontro institucional coa alcaldesa de Santa Comba, María José Pose, para abordar temas de interese común e para recoller as propostas da rexedora.

Neste senso, a alcaldesa deulle traslado da necesidade de abordar actuacións de melloras no centro de saúde e o delegado comprometeuse a estudar a proposta para levar a cabo obras no edificio.

O delegado autonómico confirmou no encontro que o concello de Santa Comba contará cun investimento de 45.500 euros para a mellora do acceso ás instalacións de bombeo do depósito de Santa Comba e ao depósito de subministro de auga en Padreiro dentro do Programa de Infraestruturas Rurais (PIR). Destacou que este tipo de actuacións permiten mellorar as condicións de vida dos residentes nas áreas rurais .

Trenor animou á alcaldesa a traballar duro polos seus veciños e trasladou o apoio do Goberno galego para sacar adiante os proxectos máis urxentes. Nesta liña, agradeceu o cambio de dinámica da nova alcaldesa plantexando temas de colaboración entre Concello e Xunta de forma seria e leal e valorou o importante esforzo que está facendo a rexedora desde o minuto un da súa chegada a a alcaldía solicitando actuacións para beneficiar ao seus veciños.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha