O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, supervisou este luns o inicio das obras de reforzo da seguridade do Camiño de Fisterra en Corcubión. Alí informou de que nesta ruta xacobea se levarán a cabo un total de 11 de actuacións na traza coincidente coas estradas autonómicas, que suporán un investimento conxunto de 204.000 euros.
As actuacións levaranse a cabo, concretamente, nas vías autonómicas ao paso do Camiño de Fisterra polos concellos de Muxía, Dumbría, Mazaricos, Negreira, Ames, Fisterra, Cee e Corcubión.
Nas actuacións de reforzo da seguridade do Camiño de Fisterra en Corcubión se destinarán un total de 18.600 euros. Estas obras consistirán na mellora do paso e da sinalización da AC-445 no punto quilométrico 3,3 para mellorar a seguridade neste cruce de paso de peregrinos.
Para iso executarase unha pequena senda duns 50 metros de solo cemento, con gabia revista de formigón pola marxe esquerda da estrada, sinalizando o cruzamento da vía ao remate da senda, incluíndo dúas bandas transversais de alerta.