Trenor visita A Laracha e anima aos veciños a pedir axudas para loitar contra o feísmo

Cedida

  • É a primeira vez que o goberno autonómico pon en marcha este tipo de axudas, ás que destina un millón de euros

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, anima aos veciños da Costa da Morte a solicitar unha nova orde de axudas autonómicas para “corrixir máis de 300 impactos paisaxísticos”. É a primeira vez que a Xunta convoca este tipo de axudas ás que destina un millón de euros.

Trenor, que visitou este luns A Laracha acompañado polo alcalde, José Manuel López, incidiu en que esta orde recolle incentivos para que os cidadáns leven a cabo pequenas intervencións nas vivendas e inmobles da súa propiedade, co obxectivo de mellorar visualmente a edificación e evitar un punto de impacto na contorna na que se asentan.

Os interesados en acollerse a estas axudas teñen de prazo ata o 31 de maio para presentar as súas solicitudes. A Xunta cubrirá o 70% do importe global do proxecto que, en todo caso, non superará os 3.000 euros por solicitude.