Trenor visita a rehabilitación das vivendas de mestres de Cabana de Bergantiños

1 minutes read

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde de Cabana de Bergantiños, comprobaron o excelente resultado das obras de rehabilitación das antigas vivendas de mestres que serán entregadas en réxime de aluguer a persoas con poucos recursos e que contaron cun orzamento de 200.000 euros.

Trenor apuntou que “estas vivendas adxudicaranse en breve en réxime de aluguer con condicións vantaxosas a unidades de convivencia que non superen o IPREM para garantir que as axudas públicas redunden en quen máis as necesita”. Para a concesión da axuda de rehabilitación foi necesario que o concello tivera veciños inscritos no Rexistro único de demandantes de Galicia, sendo o concello o que determinará os adxudicatarios que cumpran os requisitos establecidos”. Neste momento o Goberno local está traballando na elaboración das bases para poñer a disposición dos seus futuros usuarios as vivendas canto antes.