Tres accidentes de tráfico embazaron a xornada deste luns en Carballo

1 minutes read

O primeiro sinistro relevante produciuse ás 9:20 horas na intersección da AC-552 co acceso á fábrica de conservas Calvo, no lugar da Revolta. Dous vehículos chocaron de forma violenta, polo que unha persoa necesitou ser atendida. Ao lugar acudiu a Garda Civil de Tráfico. Xa pola tarde, minutos antes das seis, houbo un choque por alcance dunha furgoneta a un turismo nun paso de peóns próximo á rotonda da avenida Milagrosa, non houbo feridos, pero os vehículos ocupaban totalmente un dos carrís de circulación, polo que chegou a colapsar a rotonda, formándose grandes colas na rúa Compostela, Verdillo e arredores, ata a chegada dos profesionais da Policía Local. Unha hora máis tarde produciuse outra colisión entre dous vehículos no vial de acceso ao polígono de Bértoa, ocupando tamén os carrís de circulación en hora punta, polo que a Policía Local tívose que empregar a fondo na regulación do tráfico rodado, mentres que os vehículos non foron retidados da vía.