38
Tres barranquistas navarros faleceron e un cuarto, nacido en Bilbao, está desaparecido tras sufrir un accidente cando practicaban este deporte nas gargantas de Parlitobel, no cantón suízo de San Galo, segundo informaron a Efe fontes da delegación do Goberno en Navarra. Estas persoas víronse sorprendidas por unha forte tormenta que os arrastrou, informou a policía cantonal, que xa atopou os tres cadáveres, tal e como se recolle na web oficial do cantón. A axencia suíza ATS sinalou que os turistas facían barranquismo sen guía e viaxaban pola súa conta na zona, moi frecuentada polos amantes do deporte.