Tres Bombeiros feridos por inhalación do fume que provocou un incendio nun garaxe en Vigo

  • Finalmente, tras dar por rematado o seu traballo, os Bombeiros de Vigo comunicaron ao 112 Galicia que se viron afectados un total de 35 vehículos, dos cales 17, arderon na súa totalidade.

Os tres operarios tiveron que ser trasladados ao Hospital Povisa de Vigo polos servizos sanitarios, tras verse afectados mentres traballaban na extinción do lume.

Igualmente, outras dúas persoas tamén requiriron a intervención dos equipos sanitarios, un dos pacientes foi evacuado ao Álvaro Cunqueiro e outra persoa aínda que non precisou ser trasladada, foi atendida no mesmo lugar dos feitos polo persoal sanitario.

Segundo indicaron as dotacións dos Bombeiros de Vigo alí desprazadas, un total de 10 vehículos resultaron calcinados.

Todo sucedeu ao fío das 09:00 horas deste domingo. Foi a esa hora cando un particular indicaba ao 112 Galicia que vía saír fume polos respiradoiros dos garaxes, na rúa Teixugueiras, na cidade de Vigo. A partires dese momento, numerosos veciños contactaban co 112 para informar de que había moito fume nas escaleiras do edificio.

Así, os Bombeiros nada mais chegar ao punto e  detectar o foco do incendio no garaxe, os profesionais conseguiron atallar as lapas. De feito, ao ter o foco localizado deron as correspondentes indicacións aos veciños de como actuar.  Debían permanecer no interior das súas vivendas ata que os operarios finalizaran coas tarefas de ventilación e valoración da situación.  

Por elo, durante horas continuaron traballando arreo no lugar dos feitos, os Bombeiros, o persoal sanitario e os axentes da Policía Local.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha