- A portavoz do partido, Sandra Vilela, está segura de que todo se vai a superar con unidade
O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Muxía, a través da súa portavoz, Sandra Vilela, ven de anunciar que os 3 concelleiros que o conforman doarán o que cobran por asistencias a plenos e comisións informativas do actual trimestre á agrupación local de Cáritas.
“Entendemos que toda axuda é pouca nestes momentos nos que, coa economía totalmente paralizada, as persoas máis vulnerables estano pasando peor se cabe”, comentaba a portavoz municipal.
A pesar diso, Sandra Vilela, recalcou estar segura de que todo se superará con unidade xa que “a sociedade galega está acostumada a ser xenerosa nos momentos difíciles e nestes tamén nos imos a axudar para saír adiante”.
O Grupo Municipal do Partido Popular de Muxía xa se puxo en contacto co presidente da agrupación local de Cáritas, César Bugallo, para anunciarlle a doazón.