36
A Xunta de Galicia notificou a 3 concellos da Costa da Morte que poderán optar ás axudas que o Goberno galego viña reservando nos últimos anos para a contratación de persoal durante o verán no marco das súas habituais liñas de apoio. Concretamente, poden optar a estas achegas os concellos de Laxe, Fisterra e Corcubión.
Tendo en conta que a liña de subvencións convocada en febreiro pola Xunta de Galicia tivo que ser paralizada con motivo da crise sanitaria do COVID-19, retómase agora a través dunha nova fórmula administrativa para cooperar cos concellos que solicitaron esta axuda e reforzar o persoal das súas oficinas de turismo.