A Policía Nacional detivo a tres mozos veciños da Coruña, de entre 20 e 25 anos, como presuntos autores da malleira mortal ao mozo Samuel Luiz, de 24 anos, na madrugada do sábado. Así o informou a través da súa conta de Twitter a Policía Nacional, que indica que a investigación «continúa aberta ata o total esclarecemento dos feitos». Precisamente por isto, «non se descartan máis detencións nas próximas horas», conclúe. Os mozos detidos, dous varóns e unha muller, están acusados da agresión violenta. Fontes do Tribunal Superior de Xustiza non puideron precisar aínda cando van pasar a disposición xudicial. O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, confirmou nunhas declaracións remitidas aos medios que estes arrestos producíronse «ao longo da mañá e as primeiras horas deste martes».
25
