Tres detidos e cinco feridos por disturbios na Vía Laietana de Barcelona

0 minutes read

Pouco despois das nove da noite deste sábado producironse algúns momentos de tensión e a policía e os mossos tiveron que dispersar os máis violentos procedendose a detención de polo menos tres persoas mentres que outras cinco resultaron feridas. Fontes policiais informaron que un membro dos Mossos d’Esquadra resultou ferido grave e foi trasladado a un hospital. Os disturbios e as barricadas continuaron entrada a noite, con barricadas nalgunhas rúas colindantes, próximas ao edificio da Xefatura de Policía, protexido polas forzas da orde, que están pendentes para evitar que se reproduzan as imaxes da pasada semana.