Tres detidos nunha redada antidroga nun pub da Coruña

Redada a primeira hora da mañá do venres nun local de hostalería do barrio de Matogrande, na Coruña. O balance provisional conta con tres persoas detidas pola Policía Nacional.

A redada, na que participaron efectivos da Policía Nacional e da Local, tivo lugar contra as sete da mañá nun pub que abriu as súas portas hai pouco máis dun ano. Durante a operación requisáronse varias doses de sustancias estupefacientes preparadas para a venda e consumo.

A Policía Nacional desartella así un novo punto de venda de droga na cidade. Súmase aos 20 que desartellaron o ano pasado. Na Coruña caeron en 2022 unha media de dous clans ao mes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha