Tres detidos pola Garda Civil de Vimianzo por un delito contra a saúde pública

1 minutes read

A Garda Civil do Posto de Vimianzo procedeu á detención de dous veciños da localidade gaditana de Sanlúcar de Barrameda e un residente na coruñesa de Brion ao ser interceptados con máis de 7 Kg. de haxix no interior dun vehículo. Os feitos tiveron lugar nun dos controis realizados pola Garda Civil e que teñen como finalidade esclarecer o aumento do tránsito de substancias estupefacientes polas diferentes as vías de comunicación da Costa da Morte, na que os supostos autores dos feitos aproveitan o uso da máscara obrigatoria para a ocultación dos seus rostros e dificultar o labor policial.

Por todo iso, procedeuse a dar o alto a un vehículo ocupado polos tres detidos, quen desde un principio mostraron unha actitude nerviosa e evasiva dos ocupantes, así como a falta dunha explicación coherente da súa presenza na zona. Todo iso fixo levantar sospeitas entre a forza actuante, polo que realizaron unha inspección minuciosa do vehículo, achando no seu interior unha maleta na que se atopaban escondidos os máis de 7 quilos de haxix repartidos en diferentes envolturas que no mercado podería superar o valor de 32.000 euros. Ademais da mencionada substancia, incautáronse preto de vinte mil euros en efectivo e diferentes teléfonos móbiles.

Durante a intervención, cando a Garda Civil tentaba determinar a propiedade da substancia e o diñeiro intervido, un dos ocupantes tentou iniciar a fuga a pé tendo que ser interceptado e reducido por un compoñente da patrulla. Este operativo trataríase da segunda intervención levada a cabo polo Posto da Garda Civil de Vimianzo nos últimos meses por motivos similares. A Garda Civil, dentro da “Operación Faros I”, continúa coas investigacións para esclarecer a posible participación doutras persoas na comisión deste Delito contra a Saúde Pública.