Tres detidos por presuntamente roubar en 50 vivendas de Galicia

Un coche de la Guardia Civil

Os presuntos asaltantes, de nacionalidade albanesa, foron detidos en dúas actuacións diferentes: en Lugo a Garda Civil arrestou unha parella e en Zamora detivou o outro home, que viaxaba nun vehículo co sospeitoso que conseguiu escapar.
Os roubos con forza que se lles atribúen cometéronse en vivendas de Baiona, Vigo, Cangas, O Porriño, Fornelos de Montes, Oleiros e Cambre.
Os axentes requisaron en Santiago máis de 6.000 euros, unha cantidade similar noutras divisas, documentación, xoias, materiais de comunicación e matrículas falsas. Ademais confiscaron tres coches de gama alta vinculados a un testaferro que lles daría apoio loxístico.
Segundo as primeiras investigacións, os asaltantes actuaban con moita rapidez e asaltaban varias vivendas no mesmo día. Despois demoraban bastante tempo antes de vender a mercadoría roubada para non levantar sospeitas.
Poderían estar tamén involucrados en asaltos en Asturias, Castela e León e Zamora.