Tres días de loito no CEIP Fogar de Carballo tras o falecemento dun alumno

CEIP Fogar Carballo

A Consellería de Educación decretou 3 días de loito no CEIP Fogar de Carballo a raíz do falecemento dun alumno durante unha excursión nun parque multiaventura en Mazaricos. A decisión foi comunicada ás familias a través do servizo Abalar e tamén ao alcalde, Evencio Ferrero, nunha xuntanza de urxencia na que participaron o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e outros cargos do departamento autonómico. Como consecuencia do loito, a actividade lectiva no CEIP Fogar queda suspendida dende o mércores 16 ata o venres 18. O alumnado volverá ás aulas o luns 21. O Concello de Carballo, dende a Concellaría de Igualdade e Benestar pon o programa Concilia a disposición das familias que o precisen a partir das 07.00 horas, e nas mesmas condicións que para as xornadas non lectivas.