Tres empresas ofertan a subministración de catro equipos de mamografía dixital para o Sergas


Un total de tres empresas veñen de presentar ofertas para a subministración de catro equipos de mamografía dixital destinados ao cribado mamográfico do Programa galego de detección precoz do cancro de mama. Os novos equipos estarán dotados da tecnoloxía dixital 3D (tomosíntesis), que reduce a superposición de tecidos, mellorando a taxa de detección e reducindo o número de biopsias. Os centros destinatarios dos catro equipos son, un para o Hospital Gil Casares, na área sanitaria de Santiago e Barbanza; outro para o Hospital Abente e Lago, na área sanitaria da Coruña e Cee, e o Hospital Meixoeiro, da área sanitaria de Vigo, á que van dous equipos.