Tres espectáculos compoñen a Primavera Teatral de Paiosaco

2 minutes read
  • As funcións terán lugar os venres 5, 12 e 26 de abril, sempre ás 21:00 horas no centro sociocultural de Paiosaco.

A primeira función será Idiota, que traerá a Paiosaco o día 5 de abril a compañía Redrum Teatro. Unha comedia negra na que a personaxe interpretada polo actor Machi Salgado acepta, a cambio de diñeiro, someterse a unha serie de probas psicolóxicas que lle fará unha doutora á que dará vida a actriz Susana Sampedro. Alex Sampayo dirixe o espectáculo, baseado na obra orixinal do dramaturgo Jordi Casanovas cun texto cheo de dilemas morais e cargado de presión psicolóxica.

O venres 12 de abril ofrécese Un fiambre, unha rosca e un cancán a cargo da arteixana Asociación Cultural Faíscas. Este grupo de teatro afeccionado presentará en Paiosaco unha sorprendente comedia dirixida a todos os públicos que se desenvolve nun pazo e na que son protagonistas as mulleres habitantes dunha vila na que se produce un asasinato que está por resolver.

O ciclo pecharase o 26 de abril con Rodríguez, o loro de Picadillo, do grupo coruñés Melandrainas Teatro e baixo a coordinación do escritor e historiador arteixán Xabier Maceiras. A historia transcorre entre 1900 e 1906 no despacho de Manuel Puga y Parga –que foi alcalde da cidade da Coruña-, no Pazo de Anzobre e no entorno rural da aldea de Armentón. Nela debúxanse situacións cotiáns da vida de Picadillo durante as súas estancias estivais no pazo, sobre os seus veciños e, sobre todo, céntrase no loro que lle regalou unha das súas afilladas que vivía nas Américas. Chea de pinceladas dese humor tan seu, a obra nos achega a un Picadillo descoñecido ao que lembrar, ademáis de pola súa cociña, pola súa grandeza e calidade humana.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?