Ocorreu na noite do sábado no portal número 49 da rúa Eduardo Pondal de Ponteceso, nun inmoble construído hai uns corenta anos. Estáse a analizar por que se produciron, e ademais en tan pouco tempo.
A orixe deses estragos pode estar nunhas obras realizadas ese mesmo día no baixo do edificio. Obras para as que non consta que se solicitase o permiso correspondente.
Os veciños asustáronse cando escoitaron ruídos e as fisuras comezaron a cubrir os tabiques. Ante a imposibilidade de apuntalar o baixo comercial, as autoridades decidiron evacuar os residentes afectados. O concello mantén o desaloxo por precaución, asi o decidiron tras consultar os técnicos municipais, quenes ordenaron a paralización da obra e obrigaron o dono do baixo a apuntalar a parede para garantir a seguridade do edificio.