Unha nai e a súa filla eran as ocupantes dun dos vehículos implicados. A outra persoa que tamén resultou ferida era o condutor do outro turismo. Así o indicaron os axentes da Policía Local ao 112 Galicia.
Sucedeu este venres, a escasos minutos das doce do mediodía. Unha persoa, implicada no accidente contactaba co 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que se trataba dun choque frontal entre dous vehículos, que circulaban pola AC-130, quilómetro 0.80, no concello de Mugardos. Aseguraba que todos os ocupantes dos dous vehículos estaban liberados e accesibles.
Nada mais recibir o aviso, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local. Do mesmo xeito, foron informados os membros do GES de Mugardos, os Bombeiros de Ferrol e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.