Tres feridos en dous accidentes, na Laracha e Cee

Accidente de Lires_Bombeiros de Cee.

Dúas persoas foron evacuadas polos servizos sanitarios tras resultar feridas nun accidente con tres vehículos implicados, na AC-552 punto quilométrico 20, en Torás, no centro da Laracha. Nada máis recibir a chamada de alerta por parte dos axentes da Policía Local, o 112 Galicia pasou aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e informou aos Bombeiros de Bergantiños e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Por outra banda, os Bombeiros de Cee tamén foron requeridos para atender un accidente de tráfico na parroquia de Lires, Concello de Cee, co resultado dunha persoa ferida. Tras regular o tráfico, procederon a colaborar na retirada do vehículo e posterior limpeza da estrada.