Tres feridos en dous accidentes rexistrados en Santiago

Axencia Galega de Emerxencias 112

O 112 Galicia rexistrou este venres dous accidentes de tráfico en Santiago que se saldaron cun total de tres persoas feridas.

O primeiro ocorreu ás 15:00 horas na Avenida de Lugo, onde colidiron un autobús urbano e un turismo. Como consecuencia do impacto, resultaron feridas dúas persoas, que foron trasladadas ao Hospital da Rosaleda. 

Dúas horas despois, un motorista sufriu unha caída na SC-20, ao paso pola parroquia compostelana de San Lázaro. As lesións provocadas pola caída obrigaron a trasladar ao ferido ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) nunha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha