Tres feridos na explosión dunha caldeira de gas en Vilagarcía

1 minutes read

A explosión nunha caldeira de gas nunha vivenda na Rúa Bosque de Desamparados de Vilagarcía de Arousa afectou a unha familia ao completo. O home, de 55 anos, tivo que ser trasladado en helicóptero ao CHUAC da Coruña ferido de gravidade para ser atendido das graves queimaduras que presenta mentres que a muller e o seu fillo resultaron feridos leves.

Tamén se produciron danos materiais na rúa, causados polos cristais das xanelas que saíron despedidos pola explosión. Dada a voz de alarma do suceso, ata a vivenda desprazouse o Servizo Municipal de Emerxencias, unha ambulancia do 061, a Policía Local e Nacional e os Bombeiros do Salnés.

O Concello de Vilagarcía reacollerá as dúas persoas feridas leves ata que poidan volver á súa vivenda. Segundo comprobou o arquitecto municipal, o resto das vivendas do edificio de catro pisos non presentan danos estruturais e tampouco hai risco de fugas de gas, segundo a inspección dos Bombeiros do Salnés, polo que os veciños poideron regresar aos seus domicilios, que foran desaloxados por precaución tras a deflagración.