Tres feridos na saída da vía dunha ambulancia en Leiloio – Malpica

  • Tamén houbo dous feridos noutro accidente en Paiosaco.

Unha ambulancia envorca mentres evacuaba a un doente en Malpica, ocorreu na AC-418 ás 9:30 horas deste mércores, cando, en pleno servizo, a ambulancia saíuse da vía e envorcou de forma que o enfermo quedou atrapado e os dous técnicos que manexaban a ambulancia resultaron feridos.

Así, pois, para liberar ao doente, foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Carballo xunto cos membros do GES de Ponteceso.

Igualmente, tivo que mobilizarse outra ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, esta vez para a evacuación dos dous tecnicos feridos e do doente que foi excarcerado.

Sinalar que este operativo activouse no 112 Galicia grazas á chamada dunha persoa particular que foi testemuña do suceso e viu como tras envorcar os técnicos da ambulancia saíron do vehículo para poder atender ao doente.

Ademais dos servizos de emerxencias, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pediu a colaboración dos axentes da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil.    

Accidente en Paiosaco

A esa hora tamén se produciu un sinistro entre dous turismos preto da saída de Paiosaco na AG-55. Dúas persoas necesitaron asistencia e tiveron que ser evacuadas polo persoal sanitario que se personou no lugar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha