Tres feridos no incendio da antiga fábrica de Pontesa en Pontevedra

Tres persoas quedaron feridas nun aparatoso incendio rexistrado na antiga fábrica de cerámica de Pontesa, no termo municipal de Pontevedra, lindando con Arcade, que obrigou a cortar este domingo durante varias horas a estrada N-550 ao seu paso por Ponte Sampaio.

O lume comezou nun anexo da vella factoría, dedicado ao almacenamento de cereais. Nun primeiro momento parecía de pouca entidade pero, cando os servizos de extinción tentaban sufocalo, rexistrouse unha gran explosión.

Dentro das instalacións había dous operarios, un saíu polo seu propio pé e outro sufriu queimaduras de consideración, polo que tivo que ser trasladado ao hospital da Coruña. Unha terceira persoa quedou ferida e foi asistida no mesmo lugar.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha