Tres feridos nun accidente de tráfico na AC-442, no Concello de Vimianzo

Os bombeiros do parque provincial de Cee interviron no mediodía deste luns nun accidente entre dous vehículos na AC-442, no Concello de Vimianzo, e que deixou tres feridos.

O 112 dou a alerta ás 13:20 horas sinalando que non había persoas atrapadas. Xa no lugar dos feitos, os bombeiros procederon á regulación do tráfico ata a chegada da Garda Civil de Corcubión e á retirada do vehículo da estrada.

Os afectados foron trasladados ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.

Related posts

Unha muller tivo que ser evacuada en ambulancia tras tropezar nun buraco e caer na rúa Gran Vía de Carballo

Rebenta unha antiga balsa no Monte Neme e arrasa a estrada que une Leiloio con Razo

O alcalde de Laxe analiza coa Xunta a posta en valor dos recursos turísticos da vila