43
Na madrugada deste martes produciuse un accidente na parroquia de Cundíns, en Cabana de Bergantiños, polo que tres persoas necesitaron asistencia médica debido ás múltiples feridas que presentaban. O operativo activouse tras recibir o 112 Galicia a alerta dunha persoa particular. Así, avisouse aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, axentes da Garda Civil de Tráfico, membros do GES de Ponteceso e voluntarios de Protección Civil.