Contra as 21.30 horas deste mércores descarrilou un tren a causa dun desprendemento de terra ocorrido no concello coruñés de Mañón, á altura da piscina municipal do Barqueiro. Segundo informaron desde o GES de Ortigueira, quedou ferida a interventora, o maquinista e outra persoa. Os demáis pasaxeiros que viaxaban no convoi resultaron ilesos. Con todo, dende o 112 tamén contabilizan tres feridos. A liña do Feve entre Ferrol-Oviedo quedou interrumpida.
Tres feridos tras descarrilar un tren por un desprendemento en Mañón
Cedida.