Varios feridos tras producirse unha explosión no primeiro piso dun edificio en Ordes

1 minutes read

Tres persoas resultaron feridas tras producirse unha explosión no primeiro piso dun edificio da Rúa do Recreo, en Ordes. Un dos feridos é un home de 68 anos, que foi trasladado ao CHUAC en helicóptero. Outros dous feridos foron trasladados ao PAC en ambulancia, un deles derivado ao CHUS. Tamén resultou ferida unha menor de 11 anos que pasaba pola rúa. O edificio, situado no centro da localidade e en cuxa planta baixa se un local de restauración, sufriu danos materiais de consideración, xa que perdeu toda a fachada da primeira planta. Ademais do helicóptero medicalizado e as ambulancias, desprazáronse ao lugar dos feitos os bombeiros de Ordes e de Betanzos, a Garda Civil e a Policía Local. As autoridades policiais investigan a orixe deste suceso, que podería estar relacionado cunha acumulación de gas no interior da vivenda.

Estado inicial da vivenda.