Tres feridos, un de gravidade, nun accidente de tráfico en Cuntis

Tres persoas resultaron feridas, unha delas de carácter grave, como consecuencia dun atropelo na N-640, ao paso por Cuntis.

Segundo a información recibida no 112 Galicia, a persoa ferida grave foi alcanzada por un turismo cando se apeaba doutro na recta da Anllada.

En total, tres persoas, a que foi atropelada, e as outras dúas que viaxaban no turismo implicado necesitaron asistencia médica como consecuencia do impacto, que se produciu ás 18:30 horas deste domingo no quilómetro 213 da N-640.  Ata alí dirixiuse un operativo formado polos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e os membros do GES da Estrada e Bombeiros de Vilagarcía, xa que nun primeiro momento pensouse que a persoa atropelada estaba ademais atrapada baixo o turismo. Unha vez descartada esta información, os servizos sanitarios centráronse na atención dos feridos, dos cales dous, os ocupantes do turismo, foron evacuados en ambulancia e o máis grave, o atropelado, no helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Tamén se mobilizaron os axentes da Garda Civil de Tráfico e o persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento para a retirada dos restos provocados polo accidente e restablecer así as condicións de seguridade na vía.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha