- Unha das vítimas tivo que ser liberada polos Bombeiros da localidade
Un accidente entre dous coches finalizou con tres persoas feridas, entre elas un menor, na tarde deste domingo. O suceso produciuse na AC-415, no municipio coruñés de Arteixo, sobre as 19:00 horas.
Unha das persoas implicadas no incidente foi quen chamou ao 112. No seu relato, indicaba que había unha persoa ferida que parecía estar inconsciente e que, ademais, sería necesaria a intervención dos equipos de emerxencia para liberala.
Por iso, desde Emerxencias solicitouse a intervención dos profesionais sanitarios do 061, dos Bombeiros de Arteixo e de Protección Civil da localidade.
Tras liberar á persoa en cuestión, esta foi trasladada ao centro hospitalario de referencia xunto a outro ocupante dun dos vehículos; mentres, o terceiro ferido, un menor, foi evacuado polos pais a un hospital.