Tres membros dunha familia de Sada falecen nun accidente en Cuenca

Archivo.

Tres persoas, membros dunha mesma familia de Sada, perderon a vida nun accidente de tráfico na localidade conquense de Mota del Cuervo. Bombeiros de Alcázar de San Juan e Villarrobledo tiveron que excarcerar as vítimas, que quedaran atrapadas no vehículo.

Por razóns que se investigan, o vehículo que circulaba pola AP-36 saíuse da vía e envorcou. Os falecidos son o matrimonio formado por Félix S. C., de 72 anos, e Mercedes B., de 70 anos, e o seu neto Marcos, de 25 anos.

Tal e como informaron fontes do 112 de Castela-A Mancha, o accidente, ademais, deixou a outras dúas persoas feridas, un home de 51 anos e unha muller de 48, que foron trasladados en ambulancia ao Hospital Mancha Centro de Alcázar de San Juan (Ciudad Real). Ao lugar dos feitos acudiron axentes da Garda Civil, Bombeiros de Alcázar de San Juan e Villarrobledo, médico de Urxencias, dúas ambulancias e unha UVI.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha