Sete persoas resultaron feridas, entre elas tres menores que tiveron que ser excarceradas polos Bombeiros de Barreiros, despois de que un camión batera contra un turismo parado na beiravía da A-8 en Lourenzá.
O accidente produciuse sobre as 15:00 horas no punto quilométrico 532 da autovía, en sentido a Begonte, e foi un particular quen alertaba ao 112 Galicia do suceso.
Desde Emerxencias pasouse o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, ao GES da Pontenova, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Lourenzá.