Verín encabeza tres meses seguidos de protestas contra o Sergas


O peche desde o pasado 1 de decembro da atención aos partos e o servizo de urxencias pediátricas no Hospital de Verín ergueu de novo a mobilización contra a política sanitaria da Xunta. As protestas, constantes desde hai meses, son xa habituais no sector da enfermaría, nos médicos da Atención Primaria, nos traballadores de Urxencias ou dos PAC, entre a cidadanía afectada polos “recortes” e a falta de persoal ou mesmo nos futuros profesionais da sanidade.O conflito sanitario non só non cesa, senón que aumenta.

A decisión sobre o paridoiro de Verín sacou a rúa milleiros de persoas da comarca de Monterrei en diferentes mobilizacións. Este luns, unha concentración no CHUO volveu protestar contra a xestión do Sergas. É tan só o principio dunha vaga de protestas contra o Sergas xa convocadas de aquí ata principios de marzo. “O peor que podes facer no monte é meterte cun animal que teña que defender as súas crías… En Verín metéronse coas crías e coas nais e foi toda a cidadanía quen contestou”, explicaba un profesional do centro hospitalario verinense.