Tres mortos e dous feridos nun accidente en Caldas de Reis

1 minutes read

O condutor do turismo non tiña carné.

Tres persoas faleceron en Caldas de Reis nun sinistro que se rexistraba á altura do quilómetro 222 da estrada N-640 en dirección a Cuntis, na parroquia de Santo André de Cesar. As vítimas son dous homes e unha muller de entre 19 e 24 anos.

Foi pouco antes da medianoite, nunha colisión entre un turismo e un camión por causas que, polo momento, non transcenderon. A Garda Civil de Tráfico instrúe as dilixencias. Morreron os tres ocupantes do turismo, todos maiores de idade. As dúas persoas que ían no camión quedaron feridas: unha delas saíu despedida.

A circulación quedou normalizada contra as 3:15 horas, cando se conseguíu retirar da vía o vehículo pesado. 

Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia, dos Bombeiros, da Policía Local de Caldas de Reis e de Protección Civil desa vila e da veciña de Cuntis. Para manter e restablecer a seguridade da vía, os xestores do CIAE 112 Galicia informaron ao Centro de Xestión de Tráfico e aos servizos de mantemento da estrada.