Equipos da empresa Iberpotash que explota a mina e diversos corpos de emerxencia traballan no rescate das persoas atrapadas no lugar. Polo menos tres traballadores morreron a causa dun desprendemento rexistrado nesa explotación, a 900 metros de profundidade. Ata o lugar do accidente desprazáronse 8 dotacións terrestres dos bombeiros, entre eles membros do Grupo de Actuacións Especiais (GRAE) e un helicóptero medicalizado, así como efectivos dos Mossos e axentes do Grupo de Subsolo.