Tres nadadores da AD.Fogar acoden a Pontevedra ao XXVII Nacional Máster de Inverno

Pontevedra engalánase para a celebración da 27ª edición do Campionato de España de Inverno de Natación Máster que acollerá do 3 ao 6 de marzo a 1.253 nadadores e nadadoras (780 homes e 473 mulleres) en representación de 161 clubs. Nesta ocasión, o programa de probas do campionato retoma o seu 100% habitual incluidas as substitucións por equipos e tamén a presenza de público. Na representación da AD.Fogar acudirán a Pontevedra, Cora Vinagre do grupo +30 anos que nadará os 200 e os 400 metros libres e os 50 e 200 metros costas, Carlos Iglesias do grupo +45 anos que tomará parte nos 50 metros braza e os 200 metros libres e Julio Martínez do grupo +50 anos que o fará nos 100 e 200 metros bolboreta e os 100 e 400 metros estilos; todos eles-as con serias opcións de subir ao podio.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha