Tres narcolanchas quedaron abandonadas na noite deste mércores nas praias de Corrubedo.
Dúas delas, de gran capacidade, poden transportar un total de ata seis toneladas de droga. Aínda que a cantidade exacta non se pode precisar, os axentes da policía cren que esta madrugada descargaron un importante alixo de cocaína. Dúas das embarcacións permanecen nas praias de Ribeira debido ao seu gran tamaño e á dificulades para movelas do lugar.
A terceira, de menor tamaño, puido ser retirada por axentes da policía, que a manteñen baixo custodia. A policía de Ribeira e os especialistas antidroga traballan na busca de pistas durante toda esta xornada.
Foron dous particulares os que alertaron o 112 da aparición de dúas embarcacións. A primeira chamada produciuse sobre as oito e media da mañá e avisaba dunha lancha abandonada na praia de Espiñeirido. Un pouco máis tarde, ás dez menos cuarto, outro particular avisaba da aparición doutra narcolancha na praia do Vilar.