Tres novos obradoiros formarán a 56 alumnos na Costa da Morte

1 minutes read

Na comarca de Bergantiños-Costa da Morte está prevista a realización de tres obradoiros dous ordinarios duais e un de garantía xuvenil. Concretamente os ordinarios celebraranse en Muxía, compartido con Camariñas e Vimianzo e outro na Laracha e o de garantía xuvenil iniciouse xa en Vimianzo. A Xunta achega máis dun millón de euros para os gastos de organización, profesorado e axudas para os participantes, así o ratificou na súa visita a Vimianzo este mércores o delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor.

O curso de Muxía formará a 20 alumnos en promoción turística local e información ao visitante e en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes; o curso da Laracha centrarase en actividades auxiliares de conservación e mellora de montes e en traballos de carpintería e moble e o de garantía xuvenil de Vimianzo en desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web e en instalación de elementos de carpintería.