Tres okupas detidos por lanzar coitelos á rúa en Zaragoza


Tres mozos foron detidos tras tirar coitelos e tellas á Policia dende o tellado do edifico que teñen ocupado no centro de Zaragoza. Finalmente os Grupos de Operacións Especiais entraron no inmoble e detiveron os tres mozos. Con todo, os veciños contan que os problemas comezaron xa este sábado cando os arrestados montaron unha festa na vivenda.
Hai só uns días, neste mesmo barrio, a Policía Nacional despregaba decenas de axentes nunha redada que identificou varios centos de persoas e detivo a cinco.