Tres persoas afectadas por inhalación de fume en Vigo despois dun incendio nunha vivenda

1 minutes read
  • O lume produciuse no baño dunha vivenda e afectou a un biombo de plástico e a varias tubaxes

Un incendio declarado nun baño dunha vivenda en Vigo saldouse con tres persoas trasladadas que presentaban síntomas de intoxicación por inhalación de fume e diversos danos materiais. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o lume afectou a un biombo de plástico e a varias tubaxes.

Os feitos sucederon na rúa de Marín, ao fío das 2:30 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do incendio.

Nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención dos Bombeiros de Vigo, da Policía Local e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.