Tres persoas evacuadas en helicóptero da Praia de Abrela, en Lugo

Tres persoas tiveron que ser rescatadas despois que a embarcación na que navegaban afundise nas inmediacións da Praia de Abrela, no concello lucense do Vicedo. Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, os tres foron evacuados ao Hospital de Burela a bordo do helicóptero de Salvamento Marítimo.

O operativo de rescate púxose en marcha ás 12:30 horas da mañá de hoxe cando o 112 Galicia recibiu unha chamada informando dun grupo de persoas en apuros. O alertante solicitaba axuda pois a embarcación na que navegaba, xunto a outros dous acompañantes, sufriu unha avaría e afundiu, imposibilitando o seu regreso á costa.

Decontado, os xestores do CIAE, solicitaron a colaboración dos membros de Salvamento Marítimo, que desprazaron a aeronave ata o lugar dos feitos. Tamén foron informados os axentes da Garda Civil e Protección Civil do Vicedo e de Viveiro.

Finalmente, a aeronave localizou e rescatou ás tres persoas nunha zona de difícil acceso.

Igualmente, os xestores do 112 alertaron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e á Policía Local e Nacional.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha