Tres persoas feridas ao colidir dous turismos en Cerceda

1 minutes read

Un accidente entre dous turismos deixou na tarde deste domingo a tres persoas feridas no concello de Cerceda. 
O accidente ocorreu pasados uns minutos das 17:30 horas, cando os vehículos circulaban á altura de Vilamarta, en Rodís, concretamente, a estrada paralela á AC-413. 
O 112 Galicia tivo constancia do accidente, grazas á chamada do persoal de emerxencias do concesionario dun dos vehículos implicados, que facilitou as coordenadas aos xestores de emerxencias. Indicaban que había dous coches implicados e persoas feridas. 
A partir de aí, o 112 pasou aviso de inmediato ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos efectivos de Protección Civil e tamén informou do suceso aos Bombeiros de Ordes, aínda que o alertante aseguraba que non había persoas atrapadas.