Tres persoas feridas en Castroverde nunha colisión múltiple entre 6 vehículos

Ambulancia Sergas Galicia

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, os feridos, non parecían revestir gravidade. Un particular informaba este domingo dunha colisión múltiple entre varios vehículos, un deles envorcado, ao seu paso pola LU-530, punto quilométrico 130, en Paderne.

Nada mais recibir o aviso, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e aos Bombeiros de Sarria, que, aínda que saíron decontado, finalmente, non foi precisa a súa intervención. Así mesmo, desde o 112 Galicia tamén se informou ao persoal de mantemento da estrada.

Unha vez no punto e tras confirmar que foran seis os vehículos afectados, os axentes indicaron que as tres persoas, malia resultar feridas de carácter leve, foron trasladadas polos servizos sanitarios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha