Tres persoas feridas, entre elas un menor, nunha colisión entre dous coches en Coirós

1 minutes read
Ambulancia Sergas Galicia

Unha colisión entre dous coches en Coirós saldouse con tres persoas feridas, entre elas un menor. Foi necesario que os Bombeiros de Betanzos empregasen o material de excarceración para acceder e liberar ás persoas a través do maleteiro dun dos vehículos accidentados, xa que as portas estaban bloqueadas. Posteriormente, os feridos foron trasladados ao centro médico de referencia.

O sinistro produciuse no lugar de Figueiras, na parroquia de Santa Mariña de Lesa. Unha persoa particular daba conta do accidente ao 112 Galicia. Segundo indicaba na súa comunicación, as persoas non conseguían abrir as portas do vehículo no que circulaban.

Con estes datos, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Betanzos e da Garda Civil de Tráfico.