O suceso ocorreu pouco antes das nove e media da noite deste mércores. Un forte estourido provocou un incendio nunha casa da zona da Finca da Marquesa, en Ourense. Crese que a explosión se produciu nun depósito de gas dentro ou próximo á vivenda. Ata a zona desprazáronse os bombeiros, a Policía Local e a Nacional. O sinistro deixa polo menos tres persoas feridas, unha delas de gravidade. Polo de agora descoñécense as causas do ocorrido, pero a Policía Nacional apunta a que a orixe da explosión podería deberse a unha posible manipulación do depósito de gas. Trátase dunha vivenda na que non vive ninguén. Os propietarios esa mesma mañá acudiron avisados por algún dano, e tras a súa marcha os veciños comezaron a cheirar a gas. Estes decidiron aproximarse ao contedor do gas cando se produciu unha deflagración.
26