27
Tres persoas resultaron feridas de consideración, dúas delas tiveron que ser excarceradas polos bombeiros de Cee, como consecuencia dun accidente de tráfico ocorrido este xoves pola tarde en Vimianzo, no cruce que enlaza a AC-552 co polígono vimiancés. O 112 Emerxencias Galicia tamén mobilizou ao punto dúas ambulancias do 061, Policía Local e Protección Civil de Vimianzo. A Garda Civil de Tráfico investiga as causas deste sinistro no que chocaron frontalmente un turismo e unha furgoneta.